Mostrar mensagens com a etiqueta Entroido. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Entroido. Mostrar todas as mensagens

06/04/2009

Retrospectiva: "Os vídeos da manifestación ridiculista Bienvenido Mr. Marshall" (08/02/2009)

A sección "Retrospectiva" é unha ollada sobre feitos e accións do pasado que, polo seu valor documental ou simbólico, teñen un espazo reservado na Vixía de Suviña. Nesta ocasión voltamos ao 8 de Febreiro do 2009 para rescatar 7 vídeos da manifestación ridiculista convocada por Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos como resposta á marcha de Galicia Bilingüe.


Inicio da manifestación no Paseo da Alameda e obstrución policial.


Continuación en dirección ao Paseo das Letras Galegas.


"Misa de campaña" baixo a estatua de Rosalía de Castro.


Entoamos o "Himno nacional" na Praza "de José Antonio"
(Praza "Roxa").



Reacción "violenta" contra un antifascista.


Na Rúa do Xeneral Pardiñas, a marcha é freada novamente pola
Policía Nacional.



Final da festa.

23/02/2009

Entroido en Viana do Bolo (22/02/2009)



Imaxes do Domingo Gordo do ano 2009 en Viana do Bolo. Contra o mediodía do Domingo de Entroido os folións procedentes das parroquias (ou de concellos próximos) e os boteiros descenden con grande estrondo á Praza Maior (presidida polo Meco e a Meca no alto dun poste) e fan un percorrido pola vila.



A noite anterior, moitos dos que fan soar os bombos e as aixadas saen ás rúas xunto con xente disfrazada a celebrar a festa. Case todos utilizan fariña para manchar os rostros e as roupas dos outros e, en consecuencia, o resultado son persoas, paredes e rúas enfariñadas.












































































16/02/2009

Entroido en Nogueira de Miño, Chantada (15/02/2009)



Imaxes do Domingo de Corredoiro do 2009 en Nogueira de Miño, parroquia do Concello de Chantada que conserva o entroido ribeirao xunto con Vilaúxe (Chantada) e Fión, na beira oposta do río, pertencente ao Concello do Saviñao (Terra de Lemos). As tres parroquias, cuxos veciños mantiveron tradicionalmente un forte contacto e rivalidade, encóntranse no curso medio do Miño, ao seu paso polo encoro dos Peares.



Ver exposición de traxes do entroido (neste artigo).







































Nogueira é unha entidade de poboación que conserva moitas vivendas tradicionais. A igrexa parroquial de Santa María é de estilo románico con modificacións barrocas. O adro ten vistas sobre o val.













































Blogs recomendados