23/02/2009

Entroido en Viana do Bolo (22/02/2009)



Imaxes do Domingo Gordo do ano 2009 en Viana do Bolo. Contra o mediodía do Domingo de Entroido os folións procedentes das parroquias (ou de concellos próximos) e os boteiros descenden con grande estrondo á Praza Maior (presidida polo Meco e a Meca no alto dun poste) e fan un percorrido pola vila.



A noite anterior, moitos dos que fan soar os bombos e as aixadas saen ás rúas xunto con xente disfrazada a celebrar a festa. Case todos utilizan fariña para manchar os rostros e as roupas dos outros e, en consecuencia, o resultado son persoas, paredes e rúas enfariñadas.












































































Sem comentários:

Enviar um comentário

Blogs recomendados