Mostrar mensagens com a etiqueta Manifestacións. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Manifestacións. Mostrar todas as mensagens

04/02/2010

Folga de estudantes contra a Xunta de Galicia, Lugo (21/01/2010)



Imaxes da manifestación celebrada fronte ao edificio administrativo da Xunta en Lugo polas plataformas Queremos Galego e A Mocidade pola Língua o 21 de Xaneiro do 2010. Este acto, simultáneo ao convocado en Compostela ás 11:30 horas, é a parte visible da folga de estudantes organizada para protestar contra as mudanzas en política linguística e educativa anunciadas polo goberno galego.

A peza chave da protesta é o documento Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que foi presentado pola Consellería de Educación o 30 de Decembro do 2009 para substituir o Decreto 124/2007, d
o 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.


























08/12/2009

Manifestación de Causa Galiza en Compostela (06/12/2009)

Ver gravación de GzVideos. :: Ver manifestación do 2008.



Imaxes da manifestación celebrada en Compostela o 6 de Decembro do 2009, día da Constitución española (ou da fundación do Partido Galeguista), baixo convocatoria da plataforma autodeterminista Causa Galiza. Comezou na Alameda ás 12:00 e rematou na praza do Toural. Contra as dúas e media da tarde os participantes iniciaron o xantar baixo un toldo instalado na carballeira de Santa Susana.



























13/10/2009

Concentración por Diego Castro, Arteixo (12/10/2009)



Imaxes da concentración convocada diante da igrexa nova de Arteixo (A Coruña) pola Comisión de Denuncia de Galiza o 12 de Outubro do 2009.

Cada ano dende o 2005, os defensores de Diego Castro Viña reúnense neste lugar ás 12:00, hora á que se celebra a misa en honor á Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil.


















































Carmen Casto, nai de Diego. Agradecemos que nos atendese nun momento tan especialmente emotivo.



A concentración mantívose activa durante toda a misa e á saída dos fregueses e dos gardas do acto relixioso.

Blogs recomendados