16/02/2009

Entroido en Nogueira de Miño, Chantada (15/02/2009)



Imaxes do Domingo de Corredoiro do 2009 en Nogueira de Miño, parroquia do Concello de Chantada que conserva o entroido ribeirao xunto con Vilaúxe (Chantada) e Fión, na beira oposta do río, pertencente ao Concello do Saviñao (Terra de Lemos). As tres parroquias, cuxos veciños mantiveron tradicionalmente un forte contacto e rivalidade, encóntranse no curso medio do Miño, ao seu paso polo encoro dos Peares.



Ver exposición de traxes do entroido (neste artigo).







































Nogueira é unha entidade de poboación que conserva moitas vivendas tradicionais. A igrexa parroquial de Santa María é de estilo románico con modificacións barrocas. O adro ten vistas sobre o val.













































Sem comentários:

Enviar um comentário

Blogs recomendados