28/07/2009

Día da Patria Galega, Compostela (25/07/2009)



Imaxes do Día Nacional de Galicia en Compostela. Ano 2009.



O noso percorrido gráfico comeza na Alameda ás 13:00 horas, no inicio da manifestación de Causa Galiza.





























Os congregados seguen a traxectoria habitual de moitas outras manifestacións polas rúas do Ensanche, tomando como eixo a praza de Galicia.

















Na zona vella, simpatizantes do BNG ocupan as rúas, provenientes do acto celebrado na praza da Quintana.

























Finalizada tamén a ofrenda ao Apóstolo, a Catedral vaise enchendo de turistas e crentes que se amorean para dar o abrazo á estatua de Santiago, mentres as prazas circundantes se baleiran. É un día importante na afluencia de turistas e peregrinos á cidade pola principal celebración relixiosa da Arquidiócese.















Máis adiante, contra as 14:30 horas, o Cuerpo Nacional de Policía mantén cerco á manifestación de Causa Galiza e obstrúe as entradas á praza do Toural, o cal produce visibles mostras de expectación e disconformidade entre as persoas que se concentran nas proximidades. Ante a sorpresa de moitos, un coñecido manifestante transpasa sen dificultade o cerco policial e reencóntrase con varios amigos.










Aparición de Luís Gonçales Blasco, "Foz".











Mentres as forzas antidisturbios se retiran en ringleira pola rúa do Vilar en dirección á Porta Faxeira, un rapaz de voz aguda ségueos varios metros e bérralles con firmeza "Independencia!... Independencia!". E con este acontecemento parecen rematar as demostracións masivas de adhesión ideolóxica e as tensións coa autoridade.

Este é o tempo no que a xente vai á procura dun lugar onde xantar. A vida continúa o seu curso no Día da Patria Galega.




Ver vídeo editado por A Nosa Terra.


Sem comentários:

Enviar um comentário

Blogs recomendados