Manifestación da "Mesa por la Libertad Lingüística" na Coruña (19/10/2008)
Imaxes da manifestación intitulada "Por la libertad de lengua, no a la imposición", celebrada o Domingo 19 de Outubro do 2008 na Coruña. A marcha partiu ás 17:30 do Obelisco de Linares Rivas e finalizou na Praza de María Pita, convocada pola "Mesa por la libertad lingüística". Os seus integrantes afirman que a lingua galega é imposta pola Xunta de Galicia en perxuízo da liberdade individual dos falantes e denuncian sentírense discriminados por falar castelán. Demandan "VIVIR EN LIBERTAD".
Un grupo de cidadáns galegos descontentos coa convocatoria concorreu á manifestación coa intención de caricaturizala en ton humorístico e festivo. Nas imaxes mostradas, pódese ver como na Rúa Nova varios axentes do Cuerpo Nacional de Policía impediron a súa participación e esixiron que se identificasen.
A manifestación desenvolveuse sen interrupcións...
Moitos pais decidiron facer aos seus fillos partícipes do acto animándoos a corear consignas ou a vestir camisolas coa frase "YO YA SOY NORMAL".
Nunha área lateral da Praza de María Pita, novas persoas partidarias da normalización do uso do galego mostraron unha faixa contestataria no nome do Centro Social Gomes Gaioso. A Policía Nacional identificounos e instounos á inmediata retirada da faixa, por considerala "provocadora".
O autor destas fotografías foi interceptado por membros da Policía Nacional mentres retrataba vistas deste acto público. Xunto con el, foron interpelados outros dous acompañantes e, sen motivo aparente, foilles pedida igualmente a documentación. Por unha suposta "violación do dereito á intimidade" un dos axentes ordeou eliminar da máquina tres imaxes nas que aparecían parcialmente os rostros de algúns manifestantes. Ironicamente, nese mesmo momento, media ducia de medios de comunicación fotografaban e filmaban o acto, que foi emitido en canles como a TVG esa mesma noite.
Estoutro vídeo da Mesa por la Libertad Lingüística non parece ter sido intervenido pola Policía Nacional, aínda que teoricamente "viola o dereito á intimidade" de varios centos de persoas.
Mentres os convocantes lían comunicados políticos baixo os arcos do Concello, varios pequenos pasaron o tempo xogando en torno á estatua da heroína coruñesa María Pita. Talvez (quen sabe) preguntábanse cal é o significado da palabra "LIBERDADE".
Parabéns! Magnífica reportagem fotográfica acompanhada duma magnífica explicaçom dos feitos.
Bueno, y ahora ya en serio, quisiera manifestar mi agradecimiento al Cuerpo Nacional de Policía por su "sano" interés en conocer mi nombre y mis datos personales, que si la próxima vez quieren ligar conmigo caballeros, mejor pregúntenme el teléfono directamente, si os lo doy o no es otro tema, pero no recurran a la manida táctica de pedirme la documentación sin motivo alguno cuando me encuentro paseando tranquilamente por las ruas de mi ciudad de La Coruña (se dice así!).
A axuda dos 200 euros
-
Pois así foi como a solicitei, que ao final non custou tanto. Pero, si: non
se puido facer a partir das 0 horas, senón xa pola mañá, cando media España
e...
Atividades setembro
-
Setembro 2019
Um mesinho cheio de atividades!
Começamos o curso escolar com um mês cheio de actividades. As três
primeiras sextas, Ã s 20.30, teremos...
In memoriam: ALBERTO MARTÍ VILLARDEFRANCOS
-
Hai algo máis dunha semana nos deixaba un dos grandes fotógrafos coruñeses
dos últimos 50 anos: Alberto Martí Villardefrancos (Santiago de Compostela
14-03...
God is a medicinal chemist
-
How do I know? Because, apparently, she likes easy chemistry ;-) That is at
least what claim Prof. Evgueny Krasavin from the Joint Institute for
Nuclear Re...
A Lucenza do Abade
-
Despois de cinco anos chegamos á entrada número 1000 neste blogue
arqueoneixon. A derradeira. Moitas grazas a todos os que seguistes este
proxecto na red...
"Longa Noite de Pedras" Viernes 31 de agosto
-
Finalmente (parece que el buen tiempo está vez nos va a acompañar), la
visita nocturna a los petroglifos de Bamio será este *VIERNES 31 DE AGOSTO.*
Espera...
O martelo de herexes
-
"*España, evanxelizadora da metade do orbe; España martelo de herexes, luz
de Trento, espada de Roma, berce de San Ignacio...; esa é a nosa grandeza e
a no...
NOVA WEB
-
Preséntovos o meu novo sitio de encontro na rede:www.dpeon.comÉ unha das
razóns polas que nosquedaportugal estivo bastante parado últimamente... e
probable...
Morre SOQNF. Mas morre de rir
-
Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom
está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15
de s...
Carimbo auto-tintado
-
Venho de recolher um carimbo auto-tintado pra a associaçom cultural
encarregada do mantimento de Chuza!.
Aqui umha fotografia do trebelho:
E aqui, como ...
Coñeces GalegoLab?
-
*Vista da web de GalegoLab.*
GalegoLab é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten
como obxectivo o impulso de accións concretas de pro...
UTC/GMT+1 (Hora Central Europea): Oslo, Stockholm, Warszaba, Berlin, Bratislava, Budapest, Београд, Скопје, Madrid, تونس
Fusos horarios europeus: UTC (Tempo Universal Coordenado, en azul), UTC+1 (vermello), UTC+2 (amarelo), UTC+3 (verde). : : Xeograficamente, a Península Ibérica e Francia pertencerían ao fuso UTC/GMT. : : Francia, Bélxica, Holanda e Luxemburgo incorporáronse á CET en 1940, Mónaco en 1945, España continental e Andorra en 1946, Xibraltar en 1957. :: Imaxe: Wikipedia (modificada).
Magnífico trabalho, TorreVixía! Obrigadom e muitos parabéns! :)
ResponderEliminarParabéns!
ResponderEliminarMagnífica reportagem fotográfica acompanhada duma magnífica explicaçom dos feitos.
Bueno, y ahora ya en serio, quisiera manifestar mi agradecimiento al Cuerpo Nacional de Policía por su "sano" interés en conocer mi nombre y mis datos personales, que si la próxima vez quieren ligar conmigo caballeros, mejor pregúntenme el teléfono directamente, si os lo doy o no es otro tema, pero no recurran a la manida táctica de pedirme la documentación sin motivo alguno cuando me encuentro paseando tranquilamente por las ruas de mi ciudad de La Coruña (se dice así!).
Grazas aos dous!
ResponderEliminar