12/08/2008

Penela Rock 2008, Monforte de Lemos (02/08/2008)



Imaxes do Festival "Penela Rock", celebrado o Sábado 2 de Agosto do 2008 na parroquia da Penela (Concello de Monforte de Lemos) con actuación dos grupos Mitocondrias, The Soul Jacket, Anger e Ataque Escampe. O festival é unha mistura de rock e de festa popular: "Rural Sano". Esta foi a súa terceira edición.



Contra as nove da noite, Mitocondrias rompe o xeo ante un público variado (só os pequenos ousan achegarse ao palco, entretanto os mozos e os vellos divisan o concerto dende posicións estratéxicas en torno á barra do bar).



Potente actuación do grupo The Soul Jacket, de Vigo.





(Entre concerto e concerto, a aparición de Gary do Beirán, con voz e guitarra acústica).





Prezos de bebidas no bar. Soa Anger no palco.



Finalmente, actuación vibrante dos Ataque Escampe, chegados de Vista Alegre (Compostela).







1 comentário:

Blogs recomendados