25/05/2008

Retrospectiva: "Visita ás Encrobas" (17/02/2008)

A sección "Retrospectiva" é unha ollada sobre feitos e accións do pasado que, polo seu valor documental ou simbólico, teñen un espazo reservado na Vixía de Suviña.


Vista norte da central, contra as 10 da mañá.

O día da manifestación de Galiza Non Se Vende, fixemos unha variante no camiño Coruña-Compostela para pasarmos pola extinta mina de lignitos e a central térmica de Unión Fenosa, coñecida polo nome de Meirama (sic), na parroquia das Encrobas (Concello de Cerceda).



Mina de lignitos.

A central está situada nunha posición "discreta", cercana ao límite entre os concellos de Cerceda, Ordes e Carral.


Vídeo de aproximación dende o oeste, pola estrada de Cerceda.


1 comentário:

  1. neste caso Galiza vendeuse... e continúa a venderse...

    ResponderEliminar

Blogs recomendados